Saturday 04 de May de 2024

Ardemil acolle esta fin de semana unha xuntanza cabalar


Ardemil acolle esta fin de semana unha xuntanza cabalar que dará comezo a noite do venres, 18 de setembro, cunha cea onde se convidará a todas e todos a touciño entrefebrado, pan e viño.

O sábado, día 19, a xornada arrancará pola mañá co concurso de cabalos, seguido dun xantar popular composto por churrasco, tortilla, pan e viño. Para todos aqueles que asistan á cita con cabalos ou burros será de balde. Xa pola tarde haberá varias actuacións gandeiras, así comoa a do grupo cabalar Comarca de Ordes. Ambos os días o grupo Reynamar será o encargado de poñer a nota musical e de facer bailar os asistentes.

A organización, que unha vez máis conta coa colaboración do Concello de Ordes, ten prevista a instalación dunha carpa para protexerse no caso de chuvia.